Thursday 02 de May de 2024

O Pazo da Cultura convértese no centro creativo da madrileña Clara Pampyn nunha nova edición das Residencias Paraíso


O proceso de investigación, mediación e creación que inicia hoxe culminará coa presentación pública de ‘Las bailarinas no tocan el cielo” no FIOT

A bailarina e creadora madrileña Clara Pampyn trae o seu proceso de investigación, mediación e creación Las bailarinas no tocan el cielo ao Pazo da Cultura de Carballo. A residencia artística da artista comezou este luns 17 e estenderase até o 30 de xullo, pero culminará no mes de outubro coa presentación pública do proxecto artístico no marco do 32º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). O proceso forma parte do programa Residencias Paraíso 2023, impulsado polo colectivo RPM, que conta dende os seus inicios coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Carballo.
Las bailarinas no tocan el cielo traballa sobre a figura da intérprete en danza ou nas artes do movemento, en marcos contemporáneos. É un proxecto de investigación, me-diación e creación. Por unha banda trata de abrir espazos de diálogo entre bailarinas que adoiten traballar para outros artistas a través de laboratorios, onde se propoñen dinámicas de discusión e prácticas físicas, e a través de entrevistas persoais. Paralela-mente traballamos tamén nunha peza escénica, titulada As que bailan, que trata de facer visible as problemáticas deste lugar. Xuntas falamos da soidade, a fe, a autono-mía, as relacións de poder, o diñeiro e o paso do tempo, en relación ao noso traballo.
Como parte deste proceso, Clara propón un laboratorio dirixido a bailaríns que traba-llan ou traballasen para outros artistas baixo o título Las bailarinas no tocan el cielo, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Carballo entre o 18 e o 29 de xullo. As se-sións colectivas marcaranse en relación á dispoñibilidade das interesadas. Os e as inte-resadas poden ampliar información e inscribirse no laboratorio na seguinte ligazón: https://forms.gle/WTYLu8aKYHAqZhx56.
SOBRE CLARA PAMPYN
Clara Pampyn é bailarina e coreógrafa. Como creadora, funda en 2016, xunto a Alberto Alonso, o colectivo Laimperfecta, co que crearon varias pezas. A últimas foron Twist (Teatros del Canal, 2018) e Fuga (Escena Patrimonio, 2021). Tamén traballa como co-reógrafa para a cantante Silvana Estrada, coa que crea a coreografía de varios vídeos musicais e un concerto escénico, Marchita, estreado en xaneiro de 2023 no Prototype Festival de Nova York. Como asistente de coreografía traballa para Jesús Rubio Gamo en Danzas do Sur de Europa e para Alberto Alonso en Sudar Folclore, Sobrelajuventud e 262mil pasos de baile.
Como docente, imparte clases para a formación profesional en danza contemporánea no Estudo de Danza Carmen Senra e en BambúDanza, en Madrid. Como intérprete, traballa para Elena Córdoba en Y pareceremos árboles (2022) e en Criaturas del desor-den (2021); para Jesús Rubio Gamo en Acciones sencillas (2021), Gran Bolero (2019), Danzas do Sur de Europa (2018) e Bolero (2017); para Lucía Marote en El ojo del hura-cán (2021) e Ela (2019); e para Poliana Lima en Las cosas se mueven pero no dicen nada (2020), entre outras. É candidata aos Premios Max como mellor intérprete femini-na de danza en 2019 por Gran Bolero e en 2022 por Acciones sencillas.
SOBRE LAIMPERFECTA
Laimperfecta son Alberto Alonso e Clara Pampyn, un colectivo afincado en Madrid for-mado en 2016. Noméanse como colectivo porque tratan de permanecer preto unha da outra, sen cercar a maneira na que participan dos procesos. Os seus roles van cam-biando, pero o leitmotiv é sempre o mesmo: apoiarse e impulsar as súas inquietudes. Teñen un forte interese no coreográfico como soporte para depositar a enerxía e a súa transformación e nos estados físicos e emocionais que xera o movemento do corpo. Tamén nos procesos que pensan e cuestionan os nosos contextos.